1 ANO ANTES

A 12 meses do feliz día deberías comezar a preparar o evento:

  1. Anuncio do compromiso –  Neste momento deberías pensar en anunciar aos familiares e amigos a vosa voda. Non significa que debas enviar xa as invitacións formais pero é importante que todo o mundo saiba cando será o gran día.
  2. Elexir o estilo de voda que vas ter – Lugar e estilo de voda é moi importante que estea definido dende un principio: igrexa, xuzgado, rito medieval, tradicional, na praia… é hora de porse de acordo no tipo de cerimonia e no lugar concreto onde se vai desenvolver. Neste punto debes visitar os lugares que poidan interesarche e tamén revisar outros estilos ou tipos de cerimonias que poidan servirche de inspiración.
  3. Presuposto –  Determinar o presuposto co que se conta é fundamental para o éxito na preparación da celebración. É moi importante fixar unha cantidade para axustarse a ela durante todo o proceso e para evitar que se disparen os gastos.
  4. Convidados – Primeira lista de convidados. Débense anotar as persoas que se van convidar á cerimonio por parte da noiva, do noivo e das familias de ambos, coa idea de coñecer o número exacto de persoas que asistirán ao enlace.
  5. Reserva – É imporante que fagas as reservas con antelación, a demanda pode ser alta e pode coincidir que haxa máis persoas interesadas nesa mesma data, polo que a anticipación é fundamental neste momento.
  6. Vestidos – Comeza a consultar revistas de vodas e moda de noiv@s para facerte unha primeira idea de como son os teus gustos en canto a vestidos, traxes, peiteados, decoración…
  7. Organizadores de vodas – Se tes pensado contratar un organizador de vodas este é o momento, iso si, consulta presupostos e traballos para asegurarte de que fas a mellor elección.
  8. Fotografía e vídeo –  Ao igual que sucedía co lugar de celebración da cerimonia e do banquete, este debería ser o momento no que consultaras a dispoñibilidade dos profesionais de fotografía, xunto con música e animadores, para evitar colapso de datas.