CCA Estrela de Marín

logo estrela

Na web da Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín poderedes atopar información relevante sobre o que ocorre no comercio de Marín e na nosa Asociación, da que actualmente forman parte 152 establecementos.

Sobre Estrela de Marín

Estrela de Marín é o Centro Comercial Aberto do concello de Marín. Un CCA é unha agrupación dun número indeterminado de establecementos comerciais independentes, que se atopan ubicados en rúas urbanas dun espacio concreto cunha tradición comercial na zona, cunha xestión externa común e cuns criterios de unidade e imaxe propios permanentes. Desta forma, constitúese como unha fórmula de organización comercial, cunha imaxe é unha estratexia propias, e que goza dunha concepción global de oferta comercial, servicios, cultura e de lecer. Hoxe en día, a nosa razón de ser, é a de ofrecer fórmulas que potencien, mediante a agrupación e a xeración de sinerxias, os grandes valores e activos do comercio da nosa vila: trato cercano, personalizado é “de toda a vida”; Diversidade e riqueza nos enfoques comerciais dos distintos comercios, fronte a enfoques de venda máis estandarizados; En definitiva resaltar a nosa condición de comercio “aberto”, non só porque os distintos comercios se atopan unidos entre sí polas nosas rúas, senón porqué a hospitalidade e a acollida son unha seña de identidade dos nosos establecementos.

Se queres facernos chegar algún tipo de suxestión, opinión, queixa… non o dubides e ponte en contacto con nós a través das seguintes canles :

Tlf: 986 891 112

Mail: info@estrelademarin.es

Tamén nós podedes seguir nas Redes Sociais:
face twitter youtube

 

MERCA EN MARÍN. INVIRTE NO TEU FUTURO!