Unha semana antes:
- Lúa de mel – Recolle todos os itinerarios de viaxe, reservas de automóvil, excursións e hotel. Gárdaos na túa equipaxe de man xunto cos pasaportes, de ser necesarios.
- Fai as maletas – É importante que dediquedes un día a facer as maletas para evitar présas e agobios de última hora.
- Preparádevos para o gran día – Nesta última semana recibiredes visitas de amigos e familiares, convites, etc. Aproveitade esta última semana para relaxarvos un pouco e comezar a disfrutar do que levades planificando durante tanto tempo…