A TÚA VODA

O momento ideal para comezar cos preparativos dunha voda é aproximadamente un ano antes do día previsto para o enlace. Unha das primeiras cousas que se debe facer é concretar a data coa igrexa ou co xuzgado,e ao mesmo tempo, comezar a mirar os lugares para a celebración do banquete.

Dende Cásate con nós queremos axudarvos cunha serie de recomendacións para que consigades unha boa planificación da vosa voda, sen sucumbir aos nervios propios e á saturación de cousas previstas para os últimos días antes do enlace.

Prepara o evento con tempo e planificación aseguraravos un gran día, cheo de tranquilidade e seguridade polo traballo ben feito.

Parabéns e ledicia para todos os que vos toca vivir este momento!!!