Comprar en Rosant pode chegar a ser todo un mundo de vantaxes. Na nosa xoiería podrá encontrar todo tipo de marcas e deseños, asequibles para tódolos petos.
Firmas de bixutería fina como Novedades Cano, que está presente na serie da 1ª cadea “Seis Hermanas”, como distribuidor oficial de xoias para as actrices.
Prata de deseño das mellores firmas, como Salvatore Plata, presente na Barcelona Bridal Week 2015 xunto a Cabotine by Gema Nicolás na pasarela Gaudí noivas, e en moitos platós de televisión, o Stroili (Italian Jewels) que loce Laura Pausini na presentación do seu remake con Melendi…
Xoiería en ouro e diamantes das máis prestixiosas firmas, como por exemplo Facet Diamonds, presente en xoierías de todo o mundo.
Traballamos con xoiería brasileira, italiana, belga, grega, portuguesa, nacional e por suposto galega e tamén de fabricación e deseño propios.
Despois de máis de 70 anos no sector, logramos unha experiencia que nos permite reparar, restaurar e deseñar todo tipo de xoias de ouro e prata.
En ocasións propoñemoslles aos nosos clientes, packs de compra que inclúen sensacións que á larga provocarán que una xoia ou un regalo transmita emocións, recordos, sentimentos.
Pola compra dun anel de pedida podería optar a un pack de regalo:
– Unha masaxe facial
– Unha sesión de chocolaterapia
– Un día de Spa
Quen sabe, quizais lle regale ao seu futuro esposo un reloxo suízo de primeira calidade.
Pode optar por sairse da norma, por participar do deseño das súas propias alianzas.
E gozar dunha noite perfecta, degustar un estupendo almorzo e relaxarse un pouquiño.
Seguro que probou alguna vez a indudable calidade do marisco das rías galegas, o mellor do mundo, seguro que nalgunha ocasión especial empapou as súas papilas gustativas con algún dos nosos albariños ou mencías, caldos gañadores dos máis prestixiosos certames internacionais, seguro que coñece a alguén que posúe algunha das nosas creacións, pezas artesás nas que se plasmas os nosos máis de 70 anos de experiencia na arte de moldear metais preciosos.
Se non está seguro de algunha destas afirmacións, seguro que o estará.
Desde os anos 40, a calidae e a experiencia fusiónanse en cada unha das nosas xoias, así é que despois de tanto anos de traxectoria a nosa fábrica distribúe o seu stock entre máis de 200 xoierías da comunidade galega e norte de España.
Fabricamos, deseñamos, reparamos e restauramos xoiería e reloxería de todo tipo, o amor co que traballan os nosos orfebres ao modelar o ouro coas súas propias mans, transmítese en todas e cada unha das nosas creacións.
Todo tipo de persoas locen as nosas xoias, traballamos, ademais, con moitas firmas de alta calidade en xoiería e reloxería, que garantizarán que escolleu a xoiería perfecta para comprar os seus regalos, e transmitir os seus sentimientos.
Só nos preocupan dúas cousas, que vostede atope o que realmente quere, e poder ofrecerllo da maneira máis profesional e ao mellor prezo posible.
DIRECCIÓN: Rúa Real Nº 29, Marín (Pontevedra)
E-MAIL: joyeriarosant@hotmail.com
WEB: www.joyeriarosant.com
TELÉFONO: 986 882 461
HORARIO:
De Luns a Venres de 09:30-14:00 e 17:00-20:30
Sábado de 09:30-14:00.
164 comments
Comments are closed.