Ludoteca A Illa d@s Nen@s


QUEN SOMOS?

Somos unha empresa ubicada no Concello pontevedrés de Marín que nace do mundo da animación en xeral, e que, co paso do tempo foise centrando en obxectivos moito máis lúdico-pedagóxicos sempre contando coa animación como pilar das nosas actividades.
Deste xeito, no 2007 creamos unha ludoteca como plataforma para adicarnos o que máis nos gustaba, e a partir de aquí comezamos a desenrolar actividades educativas para as escolas da zona. Paralelamente tamén creamos unha compañía de Teatro apoiada por un traballo previo de moitos anos na educación e animación infantil.
Esta compañía caracterízase pola fusión da maxía e o teatro enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación hacia o entretenemento do público infantil. Actualmente estamos dentro de varias rede culturais da xeografía galega como Ler Conta moito, Rede Cultural da Deputación de Pontevedra, Rede Cultural da Deputación da Courña, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño.
A directora, Marina López, é a parte creativa deste equipo, dela xurden as ideas e as palabras que despois se transforman en historias, contos, obras de teatro ou espectáculos; sempre coa premisa da fantasía e o soriso como base para todos eles. Para realizar este traballo apoiase na súa gran experiencia como Educacdora infantil no mundo da educación non formal e como Docente no ámbito de Animación a Lectura.
Francisco Otero, O Mago Paco, é a outra parte do equipo. Aos 10 anos regaláronlle un xogo de maxia ó que non lle fixo moito caso pero 12 anos despois, ese mesmo xogo foi o desencadeante da súa vocación polo mundo do teatro e a maxia. Converteuse nun mago case sen sabelo a raíz das súas experiencias como animador infantil, mundo que lle segue fascinando. Grazas a esto formou o seu propio Clube de Maxia Infantil, e imparte clases a nen@s dende os 6 ós 12 anos, traballo que lle aporta un punto de vista moi cercano o seu público favorito (@s nen@s). Na súa traxectoria formouse con cursos de teatro, maxia cómica e clwon (unha disciplina que lle apaixona) para poder conseguir así converterse no profesional de diversas artes escénicas que é hoxe en día. Ten unha gran experiencia como constructor de escenografías é monicreques.

SERVIZOS
Dende a empresa “A illa d@s nen@s” ofrecemosvos un servizo integral de animación infantil para un día tan especial como o día da vosa boda. Poñendo a vosa disposición todalas actividades e servicios posibles para que ese día, tamén sexa un día inolvidable para os vosos invitados mais pequen@s; facilitando que, tanto vos como os vosos amigos e familiares disfrutedes dunha xornada sen preocupacións.
• SERVICIOS OFERTADOS:
 Coidado durante a comida
 Paiasos
 Globoflexia
 Inchables
 Maxia
 Maquillaxe
 Obradoiros de Chapas e pintura
 Xogos
 Música

DIRECCIÓN: Ezequiel Massoni Nº 42, 36900 Marín
MAIL: info@ailladosnenos.com
WEB: www.ailladosnenos.com
TELEFONO: 886 214 897 / 679 979 292